Praia de Chamoso

Despois da ribeira de Río Castro, tamén no concello de Cabanas, está a praia de Chamoso. É unha pequena praia, de area dourada, aínda que agora mesmo, despois dos temporais de inverno que levaron moita area, luce con abundantes rochas ao descuberto. Outras mareas voltarán a traer a area. Rodeada da vexetación típica do interior da ría, está ben orientada e protexida dos ventos.
Mirando ao frente temos a entrada da ría de Ares e o fermoso pobo de Redes; á man esquerda a costa de Pontedeume e á dereita as calas e a fermosa costa de Bezoucos.
Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso