Un regalo para os sentidos

Esta camiñata, dende o aparcadoiro da praia de Chanteiro, polo camiño de Salgueiras, a punta de O Segaño, e seguindo pola senda costeira da entrada da ría de Ferrol ata o castelo de A Palma, é un regalo para os sentidos.
A costa das dúas marxes da ría é espectacular, coas baterías costeiras, os castelos, as abundantes calas de augas turquesas. Estas pequenas calas son toda unha tentación, pero o acceso ás mesmas está practicamente imposible, o que é unha mágoa. Por exemplo a cala do Bonete do Cura é ben fermosa, e merece ter a baixada limpa.
O merendeiro de Xunco Novo e a pequena fervenza do Cabalo, pola contra, vense coidados. Ao longo da senda sempre encontramos máis camiñantes ou ciclistas que, coma nós, disfrutan desta marabilla! Paraísos ao lado da casa!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso