Vellos camiños

Eses camiños vellos, profundas congostras entre cómaros e valados, carreiros cubertos de vexetación que parecen túneles,...son unha tentación para os camiñantes. Dende o Alto de Simou ata a Queira, seguindo os límites entre os concellos de Ares e Mugardos, hai un deses camiños encantados que nos fala de tempos pasados.
Unha mesta vexetación, con árbores vellos en casi todo o percorrido, semella unha selva chea de vida na que hai unha gran riqueza de flora e fauna.
Ao chegar á Queira demos volta, pero poderiamos seguir polo gran laberinto de vellos camiños que hai ao pé de Montefaro. Para perderse! A península de Bezoucos está chea de sorpresas para descubrir.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro