Chanteiro en setembro

O paseo de onte á tarde é un dos que máis repetimos, porque é espectacular. Comezamos no aparcadoiro da praia de Chanteiro, e camiñamos ata o merendeiro de Xunconovo, onde demos volta. Esta camiñata pola costa norte de Ares é doada e coas vistas que nos ofrece resulta moi grata.
A praia de Chanteiro , unha marabilla coma sempre, convidaba a quedar nela. O camiño de Salgueiras, perfecto miradoiro para apreciar a entrada na ría de Ferrol e o Golfo Ártabro ofrecíanos as imaxes dunha regata de veleiros.
No paseo sempre hai algo que chama a atención: un veleiro entrando na ría, un pescador na ribeira, os cambios que producen na paisaxe as estacións,...
E logo duns minutos de descanso no deteriorado merendeiro de Xunconovo, volta. Comentar que no camiño de Salgueiras "desapareceron" 7 bancos e 7 papeleiras. Mágoa!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Recunchos

A escola de Seselle

A Redes por mar

Miradoiro de Augas Caídas

Paseo pola praia