Miradoiro do Eume

Había 7 anos que non pisabamos este miradoiro e onte decidimos achegarnos ata el. O miradoiro do Eume (Monfero) está na Serra de Sanguiñedo, nas Fragas do Eume. Subimos pola estrada que pasa diante da ermida de S. André e deixamos o coche ao comezo da pista de terra.
Os primeiros centos de metros son de subida suave, e a pista en bo estado ata a Pena do Teixo, onde está o miradoiro. Dende este, vemos o canón do Eume, partes do embalse, o Forgoselo, o monte de Fortandión, a cheminea de As Pontes, montes de Muras e Xermade,...
Logo intentamos chegar ás fragas da beira do río, por unha das rutas marcadas, pero despois duns centos de metros, a pista estaba con bastante maleza e (por temor ás carrachas) non seguimos.
Xa de volta paramos tamén no miradoiro de Cabría (Pontedeume), dende o cal a desembocadura do Eume na ría de Ares é todo un espectáculo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Recunchos

A escola de Seselle

A Redes por mar

Miradoiro de Augas Caídas

Paseo pola praia