O "lagoon" da praia de Seselle

Estes días, coas "lagarteiras"( as grandes mareas equinocciais de setembro), a praia de Seselle volve a descubrir coa baixamar o lagoon que atesoura.
A praia, cuberta dunha calima do fume dos incendios en Portugal, tiña unha luz estraña. O lagoon de Seselle, un episodio da transgresión holocena na ría de Ares, xa foi estudiado no 1993 por Santos Fidalgo e Vidal Romaní. Esa lagoa de auga doce, co seu entorno vexetal, vese inundada polo mar hai uns 4000 anos, sendo fosilizada posteriormente. Os restos mesturados co fango, sin aire, tranformáronse na turba que aínda hoxe podemos ver.
Marabillas da nosa contorna!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle