Casiñas de pedra

Nas nosas andainas e viaxes polo norte de Galicia, unha das cousas que máis chama a nosa atención é a arquitectura popular. Sempre atopamos un muíño, unha ponte, unha casona, un lavadoiro ou fonte,...que nos obrigan a facer unha paradiña para contemplalos con detalle. Onte, estas casiñas de pedra de Monfero foron as protagonistas. A pedra, ese material por excelencia das construcións populares, confírelles un aspecto rústico e auténtico, integrándoos perfectamente coa paisaxe e o medio natural.
Estas construciós parecen xurdir da terra, rodeadas por hortas ou xardíns que realzan aínda máis a súa beleza. Unha gozada!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro