A carón do Eume

A finais de abril, cunha explosión de beleza e verdor na natureza, calquera lugar é unha fermosura: costa, monte, paraño, unha senda,un río,... e con tanto onde elexir ás veces resulta difícil. Decidimos seguir cos ríos e desta volta dirixirnos ata o curso alto do Eume.
Recorrer eses estradas rurais que nos achegan á beira do río, entre montañas, con pequenos rueiros e casas espalladas (moitas abandonadas), que humanizan estas paraxes. O Eume, ao longo dos seus 80Km de lonxitude, ofrece moitos lugares e recunchos ben coñecidos para visitar e disfrutar (As Fragas do Eume, Caaveiro, Os Canóns do Eume, O Caneiro, etc.). Posiblemente sexa menos coñecido o seu curso alto, dende As Pontes ata o seu nacemento na parroquia de Montouto do concello lugués de Abadín. E esa foi a nosa elección para esta excursión.
Paraísos do norte!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro