Cova da Serpe
A cova da Serpe, situada na serra á que dá nome, na confluencia dos concellos de Guitiriz, Friol e Sobrado é unha curiosa caverna moi preto do monte máis alto da serra.
É doado chegar ata ela porque a atopamos sinalada en Google.
As vistas dende o pequeno miradoiro situado ao seu carón son espectaculares, a un lado a provincia de Lugo e ao outro A Coruña.
Cun nome tan suxerente non podían faltar lendas relacionadas coa cova: as dúas máis coñecidas teñen a unha xigantesca serpe de protagonista, e na outra, dous namorados da bisbarra ocupan este papel.
(Ambas lendas poden atoparse facilmente na rede).
Comentarios
Publicar un comentario