Ruta polo Camiño dos Cerqueiros
A tarde de onte, con boa temperatura e sen vento, resultou estupenda para facer a ruta do Camiño dos Cerqueiros, no corazón das Fragas do Eume. É unha das varias rutas que podemos facer nas Fragas, e agora case rematando o inverno, observar o bosque antes da saída das novas follas nas árbores de folla caduca, dános outra visión da fraga.
Nesta ruta circular de 8,5km a beleza do entorno é espectacular. A dificultade é baixa e so precisamos gañas de camiñar.
Desta volta non nos achegamos ao miradoiro de Carbueira, porque xa caía a tarde e aínda nos quedaba un bo treito de ruta. Para outra ocasión!














Comentarios
Publicar un comentario