Lugar máxico
Estas dúas palabras describen moi ben a sensación que temos ao chegar a este lugar. A capela de S. Alberte de Guitiriz, a carón do camiño de Santiago e do río Parga, xunto coa carballeira que a rodea déixannos sen palabras pola súa fermosura.
Esta igrexa-capela gótica (XIII-XIV), conserva do primitivo estilo no exterior, a ventá oxival con tracerías salomónicas, unha porta lateral, os caneciños e os oito grandes contrafortes. A fachada moi sinxela é do XVIII e está coroada por unha sinxela espadana.
A fonte da Fala ou de S. Alberte é renacentista e o fermoso cruceiro é de finais do século pasado.
A uns metros pasa a Ruta da Auga e o Sendeiro dos Bidueiros.
A fermosa ponte medieval de S. Alberte cruza o río Parga e permite o acceso dende a Nacional VI.
No mes de maio celébrase a romaría do santo.













Comentarios
Publicar un comentario