Mar de novembro
Nestes días de novembro, con alertas na costa, achegarse para observar o mar resulta moi atractivo. Hai unha forza que empuxa a observalo, a pasar tempo mirándoo, escoitándoo, asexando nas rochas, ulindo o cheiro da maruxía,...
Calquera lugar da costa permitiranos disfrutar desta beleza. Neste caso, na entrada da ría de Ortigueira, coa illa de San Vicenzo gardando a boca desta fermosa ría.




Comentarios
Publicar un comentario